8.4.14

Observatorio: ficha de recollida de datos

O Observatorio nace coa idea de coñecer de primeira man a realidade educativa de Galicia, de constatar as eivas e necesidades dos nosos centros de ensino en todos os seus niveis, de comprobar como e en que medida lles afectan os recortes aplicados polos Gobernos… En definitiva, esperamos que sexa un instrumento que permita facer un diagnóstico certeiro da situación que se está a vivir na educación galega.
Agardamos que esta iniciativa, compartida por outras “mareas verdes” do Estado español, nos proporcione datos concretos que reforcen os nosos argumentos en defensa do ensino público diante da Administración educativa; que a súa difusión entre o resto de integrantes da comunidade educativa (ANPAS, alumnado, persoal non docente) facilite a súa adhesión ao obxectivo común; que nos permita elaborar informes detallados para presentar aos Concellos solicitando o seu apoio; que facilite o debate público nos medios de comunicación…
Sabemos que non é unha tarefa doada, que require esforzo e implicación, pero estamos certos de que o fin ben paga a pena. Por iso, solicitamos a vosa axuda a fin de que estes obxectivos poidan cumprirse.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

No hay comentarios :

Publicar un comentario