10.4.14

Sobre a ficha de recollida de datos



Tras comezar nalgún centro a encher a ficha do observatorio detectamos algún problemas que nos levan a propoñer novas modificacións.
1. As ratios. A relación profes/alumnado pode dar una imaxe distorsionada cara á difusión destes datos. A cifra é moi baixa e requiriría unha explicación (profesorado sen ou con pouco alumnado: orientadores, PT, cargos, etc.) que non nos proporciona información algunha cara ao diagnóstico dos recortes, alonxando o foco de atención sobre o que nos importa. Propoñemos que se supriman eses apartados, o que ademais simplifica notablemente a ficha.
2. Que se engada o número total de grupos. Xa que por exemplo, no noso centro, perdemos só un profesor en números totais pero aumentaron dous grupos máis, co que en realidade perdemos algo máis de catro. Por outra banda, é o dato que utiliza a consellaría para asignar profesorado.
3. Hai algúns aspectos referidos á calidade, atención educativa, comedores, etc., que quedaron bastante abertos, poderíamos concretar máis.
4. Para evitar a confusión que representaría que algún centros traballen cunhas fichas e outros con outras, propoñemos que se retire a actual ficha aclarando que está a ser corrixida e darnos uns prazos. Propoñemos ata o 30 de abril para completala coas contribucións de todo o colectivo. Puidemos constatar que a recollida de datos é rápida e a elaboración do informe por centros tamén. Os informes poderían estar listos para mediados de maio. Pódese facer!
Nota: Ademais de agradecer a Pedro Cuadrado (Mos) o seu tempo e o seu traballo, sinalar que xa tiñamos comentado os posibles problemas das ratios, decidimos mantelas porque estaban noutras fichas que consultamos. Pero como bos profesionais temos que ir corrixindo sobre a marcha os posibles erros.

No hay comentarios :

Publicar un comentario