Por que nos movemos?

O colectivo de profesoras e profesores de centros de ensino galegos queremos manifestar e facer visible o noso rexeitamento, tanto aos recortes efectuados no ensino público como á orientación da nova lei de educación (LOMCE).

1. A situación actual


As nosas reivindicacións céntranse en:

Rexeitar o deterioro e a degradación do ensino público derivados de:

a) A redución de cadros de persoal dos centros que ten como consecuencia:
  • A obriga de impartir materias que non son da nosa especialidade.
  • O incremento da ratio.
  • O incremento do horario lectivo do profesorado.
b) A redución das medidas de apoio á atención educativa.

Rexeitar o deterioración e a degradación das condicións dos traballadores e traballadoras do ensino, resumidas en:

a) As condicións laborais derivadas dos puntos anteriores.
b) As reducións salariais.
c) A penalización salarial nas baixas médicas. Non podemos permitir que por enfermar se nos penalice.

2. A LOMCE


Rexeitamos a reforma educativa que está a reparar actualmente o goberno:
  • Porque non defende o sistema público de ensino. Avanza na privatización da Educación.
  • Porque o sistema educativo vai ser menos equitativo e menos xusto. Será máis elitista, máis selectivo e máis clasista
  • Porque agrede ao profesorado, recortando os seus dereitos laborais e profesionais, e cuestionando –mediante o sistema de reválidas- os resultados das súas avaliacións.
  • Porque, eliminando os Consellos Escolares, anula a participación das familias na xestión dos centros.
  • Porque pretende crear centros de elite, de especialización e de excelencia para grupos de alumnado selecto.
  • Porque, atendendo aos resultados escolares clasificará os centros en diferentes categorías e niveis sen ter en conta as circunstancias sociais, económicas, familiares, nin ao alumnado con necesidades educativas especiais.
  • Porque as reválidas que pretende aplicar recentralizarán o sistema educativo, negando a realidade pluricultural e plurilingüe do estado español.
  • Porque a nosa identidade e o noso patrimonio cultural, en particular a nosa lingua galega, sofre unha nova agresión. Outra máis!

En definitiva, porque supón un ataque frontal ao sistema de ensino público, laico, gratuíto e de calidade, base da sociedade xusta, democrática e solidaria que queremos conformar para as novas xeracións.

2 comentarios :

  1. Anónimo8/3/13 14:17

    ok (Sergio Alvarez)

    ResponderEliminar
  2. Ca escusa de mellorar a educación,
    tratase de introducir nela modelos ideolóxicos partidistas.

    Iso é o que hai, houbo e -se non o remediamos- seguirá habendo.

    ResponderEliminar