2.4.14

Resumo das propostas de inaplicación da LOMCE

As 15 medidas que exporemos a continuación son un resumo extraído dos documentos de propostas medidas que tendes a vosa disposición no blog, neles están máis detalladas e engádense as súas xustificacións. Veñen ademais, nalgún caso, secuenciadas ata rematar no curso final de implantación da LOMCE. A única función deste documento é servir para introducir a discusión nos centros e facilitar a toma de medidas conxuntas. En verde as medidas que xa comezaron a tomarse este curso ou o pasado nas nosas comarcas.
1.Cartas de obxección:  
Trátase de declarármonos obxectores individualmente e enviar ditas declaracións á administración todas xuntas o mesmo día. No documento de Murcia hai un modelo que podería servir de base..
2 Declaracións institucionais de rexeitamento da LOMCE:
Os claustros, consellos escolares municipais, concellos e parlamento. Centradas  polo menos nos seguintes aspectos:  contradición lei de calidade/recortes, rexeitamento das avaliacións extraordinarias e os itinerarios pechados, carácter reducionista do currículo e o modelo autoritario de xestión. Ref.  Todos
3. Facerlles o baleiro ás autoridades responsables:  
Declaración de persoa non grata ao ministro. Non asistir a actos oficiais ou asistir levando camisetas. Sinalalos cando fagan actos públicos.
4  Xestos e acción reivindicativas:
Acudir aos  centros con camisetas alusivas.  Concentracións fronte á consellería. Actos en prazas, aulas ás rúas. Peches en centros e lugares emblemáticos.
5  Reclamación dos recursos necesarios para o proxecto educativo inclusivo:
Introducir na memoria final de curso o inventario de necesidades e demandas de recursos.
Solicitar diminución das ratios. Redución da carga lectiva, recuperación de plantillas e substitución inmediata das baixas.
Recursos para os programas de Mellora da Aprendizaxe e o Rendemento
Esixir 100% das becas para o alumnado en situación de exclusión social. Servizo de comedores onde haxa demanda.


6  Defender proxectos alternativos á LOMCE, proponse incorporar ao PE:
Rexeitamento das externalizacións e acción de calidade tendentes a establecer centros diferenciados. Plans de atención á diversidade que eviten a segregación e favorezan accións formativas.
Opoñernos a contidos ideolóxicos sesgados. Retención das programacións e  elaboración de programacións alternativas omitindo os estándares de aprendizaxe con principios economicistas. Conxelación do PGA por incompatibilidade entre PE e LOMCE.
Introducir no Plan de Actividades Anual do Centro obradoiros e actividades de carácter cooperativo, desenvolvendo a educación do espírito crítico e valores da cidadanía democrática. Exemplo: a manta producida nalgúns centros.
7 Esixencia á Administración polas súas insuficiencias e no seu caso obstrución de trámites
Denunciar dende os CE e esixir responsabilidades polos retrasos  e recortes nas fondos para gastos de funcionamento e de persoal. Ref Todos.
Obstrución académica: demorar a tramitación de docs. esixidos pola Admón. E obstaculización selectiva dos trámites de avaliación.
8  Negativa a participar nas acción de calidade e especialización de centros:
Non participar nas medidas que levan a establecer ránkings e cuxo obxectivo é  crear centros elite/gueto. Non asistir as convocatorias e pola contra impulsar proxectos de autonomía pedagóxica auténtica, centros cooperativos e aberto ao entorno.
9  Denuncia de contratacións de persoal polo director e boicot ás externalizacións.
10  Non firmar o horario, en protesta polo exceso de carga lectiva, acompañado dun manifesto neste sentido á comunidade educativa.
11 Boicot aos novos libros de texto:
Manter a lista do curso actual, recomendar material dixital. Organizar sistema de prestamos. Concentracións de protesta contra o gasto e o negocio das editoriais.
12 Non optar pola relixión en ningún nivel. Campaña coas familias e alumn@s pola escola laica, animando a elixir materias como educación artística e outras.
13  Toma de decisións non excluíntes nas avaliacións finais.
No derivar alumn@s á FP Básica, xa que non hai opcións reais para que este alumnado poida titular e o aumento das ratios nestes agrupamentos, esixir, polo tanto, un modelo semellante ao PCPI. En 3º ESO: envíalos a PDC.  En 1º e 2º ESO: programas MAR, (Mellora da Aprendizaxe e o Rendemento) condicionado á dotación de recursos.
14  Non colaboración coas probas de diagnóstico.  
Proponse que en 3º e 6º de Primaria as familias non leven aos nenos á escola ese día, o profesorado tamén podería tomar o día como asunto propio.
15. Vindicación democrática da potestade dos organismos do centro para elixir director:
Debater e plasmar no PE o modelo más idóneo para xestionar o centro. Esixir a presentación das candidaturas ao claustro, dando a coñecer o seu proxecto á ANPA e outros organismos de participación democrática. Que pasen á comisión de selección as candidaturas que conten co apoio do claustro. Se non se cumprira, declaración de ilexitimidade do proceso.

No hay comentarios :

Publicar un comentario