28.2.15

Código ético para o profesorado


Nas II Xornadas A Educación que queremos (Madrid, decembro de 2014) acordamos elaborar unha "Carta de código ético como firme compromiso do profesorado pola Educación Pública de tod@s e para tod@s".

Este é o texto da carta. Podemos asinar o compromiso enchendo o formulario que está ao final do texto.




Comprométome a exercer a miña profesión dignamente e prometo:

1. Velar polo respecto e cumprimento dos Dereitos Humanos así como da Convención dos Dereitos da Infancia, tanto a nivel persoal como do centro educativo.

2. Adoptare fomentar actitudes de escoita activa  e respecto profundo ao alumnado como eixe central 
 do proceso educativo.

3. Fomentar a participación da comunidade educativa para elaborar e mellorar constantemente o Proxecto Educativo co fin de dispoñer dun proxecto propio desenvolvido e avaliado democraticamente.

4. Formar nos valores democráticos, solidarios, coeducativos, ecolóxicos, de respecto á diversidade,  desde a perspectiva dunha escola inclusiva e compensadora de desigualdades.

5. Recoñecer a pluralidade cultural e lingüística como fonte de riqueza e oportunidade para o  desenvolvemento do alumnado e da Comunidade.

6. Favorecer procesos de avaliación (entendidos como ferramentas de mellora) que promovan a idea da educación como un ben común, consensuados por toda a Comunidade Educativa e que teñan como  obxectivo final o desenvolvemento integral do alumnado.

7. Favorecer espazos e tempos de participación e traballo en equipo (traballo cooperativo, aprendizaxe dialóxica, crítica…) na aula e no centro, así como ocupar os  xa existentes. 

8. Facer valer a educación como medio de transformación social para conseguir un mundo máis xusto e solidario.

9. Formarme e esixir da Administración unha formación inicial e permanente que dea resposta ás necesidades dos nos@s alumn@s e aos desafíos do mundo en que vivimos.

10. Integrar as metodoloxías innovadoras e actualizarme ao longo da miña vida profesional, apostando pola investigación-acción, esixindo á Administración as condicións que o fagan posible.

11. Axustar xornada e traballo escolar co fin de evitar a sobrecarga de tarefas para respectar o dereito ao tempo de ocio e o descanso do alumnado.

12. Gardar, respectar e tratar confidencialmente a información privada do alumnado e familias.



                                 

No hay comentarios :

Publicar un comentario