8.6.14

Que educación queremos?

I Xornadas das Mareas pola Educación Pública



Hai momentos na historia nos que o conflito en torno á educación faise máis agudo, as apostas políticas fanse máis intensas e a institución escolar abanéase por uns e outros... As estruturas e as formas educativas cuestiónanse e búscanse alternativas. Hoxe de novo a educación atópase nun momento crítico.

A lenta pero imparable mercantilización/privatización, os recortes para maior sona da economía financeira e o novo marco xurídico, en definitiva, a desarticulación do que foi a “educación pública” no “Estado do benestar”, provoca en amplos sectores unha comprensible reacción de “defensa da educación pública” en perigo.

Marea Verde, ademais de loitar contra os recortes e a privatización, pregúntase:
Que educación queremos? Que escola queremos construír?”

No hay comentarios :

Publicar un comentario