14.5.14

Nota de prensa de MAREAS POR LA EDUCACIÓN PÚBLICA

Mareas por la Educación Pública prepara un calendario de mobilizacións a longo prazo para afrontar o primeiro curso de aplicación da LOMCE e contra os recortes.

O sábado 10 de maio tivo lugar en Madrid unha reunión de coordinación de Mareas por la Educación Pública coa asistencia de Mareas, Asembleas e colectivos de todo o Estado. Tras informar da situación do movemento nos diferentes territorios, analizáronse as graves consecuencias que a consolidación e ampliación dos recortes e sobre todo a aprobación da LOMCE está tendo para a educación pública en todas as Comunidades Autónomas.

Valorando a experiencia do curso que está a punto de rematar, Mareas por la Educación Pública ve a necesidade e a urxencia de elaborar un plan de loita con mobilizacións diversas, pero unitarias e ao longo de todo o ano, evitando as mobilizacións puntuais. 

Mareas por la Educación Pública considera imprescindíbel que este plan de loita, que terá como lema “12 meses, 12 loitas pola Educación pública”, sexa elaborado desde abaixo e debatido por toda a comunidad educativa.

Así mesmo, aprobóuse a proposta, xa debatida en todos os territorios presentes, de organizar un Encontro- Escola de Verán baixo o título “Que educación queremos?” a celebrar os días 16, 17 e 18 de xullo, previsiblemente en Galicia. Nese encontro aprobarase definitivamente o plan de loita, unha vez debatido en todos os territorios polas diferentes Mareas, Asembleas e Colectivos que loitan por unha educación pública de tod@s e para tod@s.


Madrid, 10-05-2014

No hay comentarios :

Publicar un comentario