6.2.14

Mareas polo Ensino Público


Consolídase o movemento Mareas por la Educación Pública

O pasado sábado, 1 de febreiro, celebrouse en Madrid, e con carácter estatal,  unha xuntanza na que se consolidou o movemento MAREAS POR LA EDUCACIÓN  PÚBLICA como espazo de coordinación dos distintos movementos, mareas, asembleas  e colectivos na defensa do Ensino Público que existen, tanto na península coma nas illas.

MAREAS POR LA EDUCACIÓN PÚBLICA ten como obxectivo compartir información, intercambiar experiencias e coordinar accións conxuntas na defensa do Ensino Público  a nivel nacional.

Porque a educación pertence e é responsabilidade de toda a cidadanía, porque a  escola de hoxe é a sociedade de mañá, negámonos á destrución do sistema público de  ensino, condición indispensable dunha sociedade democrática.

Porque cremos nun Ensino Público de tod@s e para tod@s loitamos por el.

Neste aspecto, @s participantes neste encontro, insistimos na necesidade e  urxencia de construír un novo modelo de Ensino Público coa participación de toda a  comunidade e dende a base, liña de traballo xa encetada nalgúns territorios que se pretende extender ao resto do Estado levando a cabo a celebración dun novo encontro estatal.

Ao remate da mañá, interrompeuse a reunión para participar na manifestación  celebrada ese mesmo día en Madrid contra a “lei Gallardón”, e mostrar así o seu apoio á marea violeta e a súa loita.


  • CONTRA OS RECORTES DE DEREITOS SOCIAIS
  •  CONTRA A NOVA LEI DE EDUCACIÓN
  • PORQUE A EDUCACIÓN NON SE VENDE, DEFÉNDESE


mareaxlaeducacionpublica@gmail.com

No hay comentarios :

Publicar un comentario