28.10.13

Accións En Defensa Propia

Estas son as accións propostas e aprobadas pola Asemblea no I Encontro do Ensino Público Galego no CPI de Panxón, Nigrán, en outubro de 2013, En Defensa Propia.

Marea Viva. Xosé M. Fachal.
1. Mobilización o sábado nove de novembro, contra as 12:30, na Illa de Arousa, en solidariedade co director expedientado, Alfonso Malvido.

2.  Convocar xuntanzas e asembleas ou claustros nos centros para dar a coñecer o movemento e as propostas que temos. Crear, onde se poida, Coordinadoras de centros.

3. Xeneralizar os Venres negros.

4. Unirse como centros ou comarcas á Marea Verde a través do blog: mareaverdedoensino.blogspot.com.es, creando unha rede galega de centros.

5. Acordar unhas propostas comúns, uns puntos mínimos para a mobilización. Propoñemos como documento base, En Defensa Propia.

6. Crear a Festa do Ensino Público.

7. Continuar cos Peches nos centros.

8. Implicar ás nais e aos pais, e ao estudantado (curso superiores de ESO, bacharelato, Formación profesional, EOI…)  participando con eles, abrindo o centro, informando da situación e accións, realizando asembleas coas ANPAs.

9. Realizar accións visíbeis, darnos a coñecer informando.

10. Celebrar novos Encontros noutros centros e lugares.

11. Levar as Aulas á rúa: realizar acción visíbeis, creativas, que sexan atractivas para os medios de comunicación, á vez que nos sirvan para informar da nosa oposición e as nosas propostas.

12. Desobediencia á LOMCE (informarse e informar da nosa oposición ás actuais políticas educativas e de recortes).


No hay comentarios :

Publicar un comentario