Mostrando entradas con la etiqueta Marea Verde. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Marea Verde. Mostrar todas las entradas
21.10.16
28.2.15
Código ético para o profesorado

Nas II Xornadas A Educación que queremos (Madrid, decembro de 2014) acordamos elaborar unha "Carta de código ético como firme compromiso do profesorado pola Educación Pública de tod@s e para tod@s".
Este é o texto da carta. Podemos asinar o compromiso enchendo o formulario que está ao final do texto.
Comprométome a exercer a miña profesión dignamente e prometo:
1. Velar polo respecto e cumprimento dos Dereitos Humanos así como da Convención dos Dereitos da Infancia, tanto a nivel persoal como do centro educativo.
2. Adoptare fomentar actitudes de escoita activa e respecto profundo ao alumnado como eixe central
do proceso educativo.
3. Fomentar a participación da comunidade educativa para elaborar e mellorar constantemente o Proxecto Educativo co fin de dispoñer dun proxecto propio desenvolvido e avaliado democraticamente.
4. Formar nos valores democráticos, solidarios, coeducativos, ecolóxicos, de respecto á diversidade, desde a perspectiva dunha escola inclusiva e compensadora de desigualdades.
5. Recoñecer a pluralidade cultural e lingüística como fonte de riqueza e oportunidade para o desenvolvemento do alumnado e da Comunidade.
6. Favorecer procesos de avaliación (entendidos como ferramentas de mellora) que promovan a idea da educación como un ben común, consensuados por toda a Comunidade Educativa e que teñan como obxectivo final o desenvolvemento integral do alumnado.
7. Favorecer espazos e tempos de participación e traballo en equipo (traballo cooperativo, aprendizaxe dialóxica, crítica…) na aula e no centro, así como ocupar os xa existentes.
8. Facer valer a educación como medio de transformación social para conseguir un mundo máis xusto e solidario.
9. Formarme e esixir da Administración unha formación inicial e permanente que dea resposta ás necesidades dos nos@s alumn@s e aos desafíos do mundo en que vivimos.
10. Integrar as metodoloxías innovadoras e actualizarme ao longo da miña vida profesional, apostando pola investigación-acción, esixindo á Administración as condicións que o fagan posible.
11. Axustar xornada e traballo escolar co fin de evitar a sobrecarga de tarefas para respectar o dereito ao tempo de ocio e o descanso do alumnado.
12. Gardar, respectar e tratar confidencialmente a información privada do alumnado e familias.
12.12.14
Acordos das II Xornada das Mareas pola Educación
Documento no que se resumen os acordos das II Xornadas das Mareas pola Educación, celebradas en Madrid o seis, sete e oito de decembro de 2014.
Ligazón ao documento.
Ligazón ao documento.
10.12.14
Aulas na rúa
Para o sábado 13 de decembro, contra ás 17:00 e no Centro Comercial A Ramallosa está convocada a xornada de Aulas na rúa.
Os obradoiros previstos son os seguintes:
- Obradoiro de xogo matemático e papiroflexia.
- Clase de cancións en inglés.
- Obradoiro de xogo e baile tradicional.
- Mini concerto a cargo do grupo Barrio Rojo.
- Posible contacontos e obradoiro de creación arredor do conto.
Para crear ambiente sería conveniente levar
- As camisetas verdes
- Mantas colaborativas realizadas nos centros.
- Carteis impresos en color elaborados por Xosé M. Fachal.
- Os carteis feitos nos centros (non as letras).
- E o que se vos ocurra.
E para preparar a xornada estas indicacións:
- o venres 12 ás 17:00, no Centro Comercial (porta do Indiana Bill) para ver espazos e concretar necesidades para a realización dos obradoiros.
- o sábado 13 ás 12:00, no mesmo sitio, para colocar cartelería.
18.9.14
Recibimos ao conselleiro
O mércores 17 de setembro, baixo a chuvia, recibimos ao conselleiro de Educación, de visita en Gondomar para a reinauguración do Auditorio Lois Tobío.
Velaquí quedan as imaxes.
Velaquí quedan as imaxes.
8.6.14
Que educación queremos?
I Xornadas das
Mareas pola Educación Pública

Hai
momentos na historia nos que o conflito en torno á educación faise
máis agudo, as apostas
políticas fanse máis intensas e
a institución escolar abanéase por uns e outros... As estruturas e
as formas educativas cuestiónanse e búscanse alternativas. Hoxe
de novo a educación atópase nun momento crítico.
A
lenta pero imparable mercantilización/privatización, os recortes
para maior sona da economía financeira e o novo marco xurídico, en
definitiva, a desarticulación do que foi a “educación pública”
no “Estado do benestar”, provoca en amplos sectores unha
comprensible reacción de “defensa da educación pública” en
perigo.
Marea
Verde, ademais de loitar contra os recortes e a privatización,
pregúntase:
“Que
educación queremos? Que escola queremos construír?”
Convidámosvos
a dar unha resposta colectiva a estas preguntas, porque cómpre
coordinar os nosos esforzos, intercambiar experiencias, debater e
decidir xuntos as propostas a presentar e o camiño a seguir.
- Formulario de inscripción- Formulario de inscrición
- Programa das Xornadas
- Proposta do Programa de acción continuada
- Mapa
14.5.14
Nota de prensa de MAREAS POR LA EDUCACIÓN PÚBLICA
Mareas por la Educación Pública prepara un calendario de mobilizacións a longo prazo para afrontar o primeiro curso de aplicación da LOMCE e contra os recortes.
O sábado 10 de maio tivo lugar en Madrid unha reunión de coordinación de Mareas por la Educación Pública coa asistencia de Mareas, Asembleas e colectivos de todo o Estado. Tras informar da situación do movemento nos diferentes territorios, analizáronse as graves consecuencias que a consolidación e ampliación dos recortes e sobre todo a aprobación da LOMCE está tendo para a educación pública en todas as Comunidades Autónomas.
Valorando a experiencia do curso que está a punto de rematar, Mareas por la Educación Pública ve a necesidade e a urxencia de elaborar un plan de loita con mobilizacións diversas, pero unitarias e ao longo de todo o ano, evitando as mobilizacións puntuais.
Mareas por la Educación Pública considera imprescindíbel que este plan de loita, que terá como lema “12 meses, 12 loitas pola Educación pública”, sexa elaborado desde abaixo e debatido por toda a comunidad educativa.
Así mesmo, aprobóuse a proposta, xa debatida en todos os territorios presentes, de organizar un Encontro- Escola de Verán baixo o título “Que educación queremos?” a celebrar os días 16, 17 e 18 de xullo, previsiblemente en Galicia. Nese encontro aprobarase definitivamente o plan de loita, unha vez debatido en todos os territorios polas diferentes Mareas, Asembleas e Colectivos que loitan por unha educación pública de tod@s e para tod@s.
Madrid, 10-05-2014
30.4.14
Calendario
- Venres: Venres Negro
- Ata o 30 de abril, revisar a ficha e propoñer correcións, engadidos, melloras en xeral.
- 10 de maio: Xuntanza en Madrid das Mareas do ensino.
- Ata o 15 de maio: cubrir as fichas cos datos dos centros e envialas ao correo da Marea Verde de Vigo.
- Ata finais de maio: Preparación dos informes
- Mediados de xuño: Festa da Marea Verde do Ensino
10.4.14
Sobre a ficha de recollida de datos

Tras comezar nalgún centro a encher a
ficha do observatorio detectamos algún problemas que nos levan a
propoñer novas modificacións.
1. As ratios. A relación
profes/alumnado pode dar una imaxe distorsionada cara á difusión
destes datos. A cifra é moi baixa e requiriría unha explicación
(profesorado sen ou con pouco alumnado: orientadores, PT, cargos,
etc.) que non nos proporciona información algunha cara ao
diagnóstico dos recortes, alonxando o foco de atención
sobre o que nos importa. Propoñemos que se supriman eses apartados,
o que ademais simplifica notablemente a ficha.
2. Que se engada o número total de
grupos. Xa que por exemplo, no noso centro, perdemos só un profesor
en números totais pero aumentaron dous grupos máis, co que en
realidade perdemos algo máis de catro. Por outra banda, é o dato
que utiliza a consellaría para asignar profesorado.
3. Hai algúns aspectos referidos á
calidade, atención educativa, comedores, etc., que quedaron bastante
abertos, poderíamos concretar máis.
4. Para evitar a confusión que
representaría que algún centros traballen cunhas fichas e outros
con outras, propoñemos que se retire a actual ficha aclarando que
está a ser corrixida e darnos uns prazos. Propoñemos ata o 30 de
abril para completala coas contribucións de todo o colectivo.
Puidemos constatar que a recollida de datos é rápida e a
elaboración do informe por centros tamén. Os informes poderían
estar listos para mediados de maio. Pódese facer!
Nota: Ademais de agradecer a Pedro Cuadrado (Mos) o seu tempo e o seu traballo, sinalar que xa tiñamos
comentado os posibles problemas das ratios, decidimos mantelas porque estaban noutras fichas que consultamos. Pero como bos profesionais
temos que ir corrixindo sobre a marcha os posibles erros.8.4.14
Observatorio: ficha de recollida de datos
O Observatorio nace coa idea de coñecer de primeira man a realidade educativa de Galicia, de constatar as eivas e necesidades dos nosos centros de ensino en todos os seus niveis, de comprobar como e en que medida lles afectan os recortes aplicados polos Gobernos… En definitiva, esperamos que sexa un instrumento que permita facer un diagnóstico certeiro da situación que se está a vivir na educación galega.
Agardamos que esta iniciativa, compartida por outras “mareas verdes” do Estado español, nos proporcione datos concretos que reforcen os nosos argumentos en defensa do ensino público diante da Administración educativa; que a súa difusión entre o resto de integrantes da comunidade educativa (ANPAS, alumnado, persoal non docente) facilite a súa adhesión ao obxectivo común; que nos permita elaborar informes detallados para presentar aos Concellos solicitando o seu apoio; que facilite o debate público nos medios de comunicación…
Sabemos que non é unha tarefa doada, que require esforzo e implicación, pero estamos certos de que o fin ben paga a pena. Por iso, solicitamos a vosa axuda a fin de que estes obxectivos poidan cumprirse.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
2.4.14
Resumo das propostas de inaplicación da LOMCE
As 15 medidas que exporemos a continuación son un resumo extraído dos documentos de propostas medidas que tendes a vosa disposición no blog, neles están máis detalladas e engádense as súas xustificacións. Veñen ademais, nalgún caso, secuenciadas ata rematar no curso final de implantación da LOMCE. A única función deste documento é servir para introducir a discusión nos centros e facilitar a toma de medidas conxuntas. En verde as medidas que xa comezaron a tomarse este curso ou o pasado nas nosas comarcas.
1.Cartas de obxección:
Trátase de declarármonos obxectores individualmente e enviar ditas declaracións á administración todas xuntas o mesmo día. No documento de Murcia hai un modelo que podería servir de base..
2 Declaracións institucionais de rexeitamento da LOMCE:
Os claustros, consellos escolares municipais, concellos e parlamento. Centradas polo menos nos seguintes aspectos: contradición lei de calidade/recortes, rexeitamento das avaliacións extraordinarias e os itinerarios pechados, carácter reducionista do currículo e o modelo autoritario de xestión. Ref. Todos
3. Facerlles o baleiro ás autoridades responsables:
Declaración de persoa non grata ao ministro. Non asistir a actos oficiais ou asistir levando camisetas. Sinalalos cando fagan actos públicos.
4 Xestos e acción reivindicativas:
Acudir aos centros con camisetas alusivas. Concentracións fronte á consellería. Actos en prazas, aulas ás rúas. Peches en centros e lugares emblemáticos.
5 Reclamación dos recursos necesarios para o proxecto educativo inclusivo:
Introducir na memoria final de curso o inventario de necesidades e demandas de recursos.
Solicitar diminución das ratios. Redución da carga lectiva, recuperación de plantillas e substitución inmediata das baixas.
Recursos para os programas de Mellora da Aprendizaxe e o Rendemento
Esixir 100% das becas para o alumnado en situación de exclusión social. Servizo de comedores onde haxa demanda.
6 Defender proxectos alternativos á LOMCE, proponse incorporar ao PE:
Rexeitamento das externalizacións e acción de calidade tendentes a establecer centros diferenciados. Plans de atención á diversidade que eviten a segregación e favorezan accións formativas.
Opoñernos a contidos ideolóxicos sesgados. Retención das programacións e elaboración de programacións alternativas omitindo os estándares de aprendizaxe con principios economicistas. Conxelación do PGA por incompatibilidade entre PE e LOMCE.
Introducir no Plan de Actividades Anual do Centro obradoiros e actividades de carácter cooperativo, desenvolvendo a educación do espírito crítico e valores da cidadanía democrática. Exemplo: a manta producida nalgúns centros.
7 Esixencia á Administración polas súas insuficiencias e no seu caso obstrución de trámites
Denunciar dende os CE e esixir responsabilidades polos retrasos e recortes nas fondos para gastos de funcionamento e de persoal. Ref Todos.
Obstrución académica: demorar a tramitación de docs. esixidos pola Admón. E obstaculización selectiva dos trámites de avaliación.
8 Negativa a participar nas acción de calidade e especialización de centros:
Non participar nas medidas que levan a establecer ránkings e cuxo obxectivo é crear centros elite/gueto. Non asistir as convocatorias e pola contra impulsar proxectos de autonomía pedagóxica auténtica, centros cooperativos e aberto ao entorno.
9 Denuncia de contratacións de persoal polo director e boicot ás externalizacións.
10 Non firmar o horario, en protesta polo exceso de carga lectiva, acompañado dun manifesto neste sentido á comunidade educativa.
11 Boicot aos novos libros de texto:
Manter a lista do curso actual, recomendar material dixital. Organizar sistema de prestamos. Concentracións de protesta contra o gasto e o negocio das editoriais.
12 Non optar pola relixión en ningún nivel. Campaña coas familias e alumn@s pola escola laica, animando a elixir materias como educación artística e outras.
13 Toma de decisións non excluíntes nas avaliacións finais.
No derivar alumn@s á FP Básica, xa que non hai opcións reais para que este alumnado poida titular e o aumento das ratios nestes agrupamentos, esixir, polo tanto, un modelo semellante ao PCPI. En 3º ESO: envíalos a PDC. En 1º e 2º ESO: programas MAR, (Mellora da Aprendizaxe e o Rendemento) condicionado á dotación de recursos.
14 Non colaboración coas probas de diagnóstico.
Proponse que en 3º e 6º de Primaria as familias non leven aos nenos á escola ese día, o profesorado tamén podería tomar o día como asunto propio.
15. Vindicación democrática da potestade dos organismos do centro para elixir director:
Debater e plasmar no PE o modelo más idóneo para xestionar o centro. Esixir a presentación das candidaturas ao claustro, dando a coñecer o seu proxecto á ANPA e outros organismos de participación democrática. Que pasen á comisión de selección as candidaturas que conten co apoio do claustro. Se non se cumprira, declaración de ilexitimidade do proceso.
20.3.14
Sobre a Asemblea
Como moitos de vós sabedes, son varios os municipios e as comarcas galegas que dende hai algún
É importante estar conectad@s para que estes movementos teñan forza; ser quen de formar unha rede de centros en Galicia. Esta é a razón da convocatoria de Asamblea da Comunidade Educativa de Vigo e Bisbarra que se celebrará o vindeiro 2 de Abril, mércores, contra as 19:00 no IES San Tomé de Vigo.
Velaquí quedan as ligazóns aos documentos elaborados para a Asemblea:
Propostas fronte á LOMCE
Nas ligazóns abaixo indicadas recóllense as diferentes propostas fronte á LOMCE e a súa inaplicación:
6.3.14
Propostas para a campaña Matricúlate na Pública
Propostas da Marea por la Educación Pública para a campaña Matricúlate na Pública (cuñas de radio, logo e cartaz)
1. A Escola Pública é un servizo educativo de calidade para todas e todos. Desenvolve proxectos de innovación ofrecendo a formación e todas as etapas, con profesionais comprometidos co alumnado e as familias.
Defende unha Escola Pública aberta, plural e democrática.
Elixe a Pública.
ESCOLA PÚBLICA DE TODOS, PARA TODOS.
2. Ésta é a escola que queremos: inclusiva, comprensiva, transformadora, de calidade, democrática, participativa, local e global, plural, laica, sostible, gratuita, Esta escola é posible na Escola Pública.
Defende o público. Elixe a pública.
ESCOLA PÚBLICA DE TODOS, PARA TODOS.
6.2.14
Mareas polo Ensino Público
Consolídase o movemento Mareas por la Educación Pública
O pasado sábado, 1 de febreiro, celebrouse en Madrid, e con carácter estatal, unha xuntanza na que se consolidou o movemento MAREAS POR LA EDUCACIÓN PÚBLICA como espazo de coordinación dos distintos movementos, mareas, asembleas e colectivos na defensa do Ensino Público que existen, tanto na península coma nas illas.
MAREAS POR LA EDUCACIÓN PÚBLICA ten como obxectivo compartir información, intercambiar experiencias e coordinar accións conxuntas na defensa do Ensino Público a nivel nacional.
Porque a educación pertence e é responsabilidade de toda a cidadanía, porque a escola de hoxe é a sociedade de mañá, negámonos á destrución do sistema público de ensino, condición indispensable dunha sociedade democrática.
Porque cremos nun Ensino Público de tod@s e para tod@s loitamos por el.
Neste aspecto, @s participantes neste encontro, insistimos na necesidade e urxencia de construír un novo modelo de Ensino Público coa participación de toda a comunidade e dende a base, liña de traballo xa encetada nalgúns territorios que se pretende extender ao resto do Estado levando a cabo a celebración dun novo encontro estatal.
Ao remate da mañá, interrompeuse a reunión para participar na manifestación celebrada ese mesmo día en Madrid contra a “lei Gallardón”, e mostrar así o seu apoio á marea violeta e a súa loita.
- CONTRA OS RECORTES DE DEREITOS SOCIAIS
- CONTRA A NOVA LEI DE EDUCACIÓN
- PORQUE A EDUCACIÓN NON SE VENDE, DEFÉNDESE
mareaxlaeducacionpublica@gmail.com
3.2.14
Consolidación das Mareas polo Ensino Público
Este sábado, un de febreiro, as nosas compañeiras Cristina Álvarez e Rosa Pascual asisitiron en Madrid á xuntanza de coordinación das Mareas Verdes polo Ensino Público de todo o estado.
Á espera da acta, en breve, Cristina e Rosa farán un adianto do tratado na xuntanza. Polo momento queda aquí a orde do día:
1. Observatorio de educación: Información/ creación/coordinación.
2. LOMCE:
5. Outras convocatorias: 23-F e 22-M
6. Proposta de manifiesto/ comunicado, rolda de prensa,etc.
7. Proposta de comunicación:
Á espera da acta, en breve, Cristina e Rosa farán un adianto do tratado na xuntanza. Polo momento queda aquí a orde do día:
1. Observatorio de educación: Información/
2. LOMCE:
- a. Posibilidade de ILP
- b. Obxección: información de campañas, coordinación, etc.
- a. Información da folga en Balears e Catalunya
- b. Implicación dos concellos nos recortes (Catalunya)
5. Outras convocatorias: 23-F e 22-M
6. Proposta de manifiesto/ comunicado, rolda de prensa,etc.
7. Proposta de comunicación:
- a. Correo e Google Groups.
- b. Facebook, Twitter, revista dixital,web, etc.
Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)







