Mostrando entradas con la etiqueta Madrid. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Madrid. Mostrar todas las entradas

28.2.15

Código ético para o profesorado


Nas II Xornadas A Educación que queremos (Madrid, decembro de 2014) acordamos elaborar unha "Carta de código ético como firme compromiso do profesorado pola Educación Pública de tod@s e para tod@s".

Este é o texto da carta. Podemos asinar o compromiso enchendo o formulario que está ao final do texto.




Comprométome a exercer a miña profesión dignamente e prometo:

1. Velar polo respecto e cumprimento dos Dereitos Humanos así como da Convención dos Dereitos da Infancia, tanto a nivel persoal como do centro educativo.

2. Adoptare fomentar actitudes de escoita activa  e respecto profundo ao alumnado como eixe central 
 do proceso educativo.

3. Fomentar a participación da comunidade educativa para elaborar e mellorar constantemente o Proxecto Educativo co fin de dispoñer dun proxecto propio desenvolvido e avaliado democraticamente.

4. Formar nos valores democráticos, solidarios, coeducativos, ecolóxicos, de respecto á diversidade,  desde a perspectiva dunha escola inclusiva e compensadora de desigualdades.

5. Recoñecer a pluralidade cultural e lingüística como fonte de riqueza e oportunidade para o  desenvolvemento do alumnado e da Comunidade.

6. Favorecer procesos de avaliación (entendidos como ferramentas de mellora) que promovan a idea da educación como un ben común, consensuados por toda a Comunidade Educativa e que teñan como  obxectivo final o desenvolvemento integral do alumnado.

7. Favorecer espazos e tempos de participación e traballo en equipo (traballo cooperativo, aprendizaxe dialóxica, crítica…) na aula e no centro, así como ocupar os  xa existentes. 

8. Facer valer a educación como medio de transformación social para conseguir un mundo máis xusto e solidario.

9. Formarme e esixir da Administración unha formación inicial e permanente que dea resposta ás necesidades dos nos@s alumn@s e aos desafíos do mundo en que vivimos.

10. Integrar as metodoloxías innovadoras e actualizarme ao longo da miña vida profesional, apostando pola investigación-acción, esixindo á Administración as condicións que o fagan posible.

11. Axustar xornada e traballo escolar co fin de evitar a sobrecarga de tarefas para respectar o dereito ao tempo de ocio e o descanso do alumnado.

12. Gardar, respectar e tratar confidencialmente a información privada do alumnado e familias.



                                 

6.2.14

Mareas polo Ensino Público


Consolídase o movemento Mareas por la Educación Pública

O pasado sábado, 1 de febreiro, celebrouse en Madrid, e con carácter estatal,  unha xuntanza na que se consolidou o movemento MAREAS POR LA EDUCACIÓN  PÚBLICA como espazo de coordinación dos distintos movementos, mareas, asembleas  e colectivos na defensa do Ensino Público que existen, tanto na península coma nas illas.

MAREAS POR LA EDUCACIÓN PÚBLICA ten como obxectivo compartir información, intercambiar experiencias e coordinar accións conxuntas na defensa do Ensino Público  a nivel nacional.

Porque a educación pertence e é responsabilidade de toda a cidadanía, porque a  escola de hoxe é a sociedade de mañá, negámonos á destrución do sistema público de  ensino, condición indispensable dunha sociedade democrática.

Porque cremos nun Ensino Público de tod@s e para tod@s loitamos por el.

Neste aspecto, @s participantes neste encontro, insistimos na necesidade e  urxencia de construír un novo modelo de Ensino Público coa participación de toda a  comunidade e dende a base, liña de traballo xa encetada nalgúns territorios que se pretende extender ao resto do Estado levando a cabo a celebración dun novo encontro estatal.

Ao remate da mañá, interrompeuse a reunión para participar na manifestación  celebrada ese mesmo día en Madrid contra a “lei Gallardón”, e mostrar así o seu apoio á marea violeta e a súa loita.


  • CONTRA OS RECORTES DE DEREITOS SOCIAIS
  •  CONTRA A NOVA LEI DE EDUCACIÓN
  • PORQUE A EDUCACIÓN NON SE VENDE, DEFÉNDESE


mareaxlaeducacionpublica@gmail.com

3.2.14

Consolidación das Mareas polo Ensino Público

Este sábado, un de febreiro, as nosas compañeiras Cristina Álvarez e Rosa Pascual asisitiron en Madrid á xuntanza de coordinación das Mareas Verdes polo Ensino Público de todo o estado.

Á espera da acta, en breve, Cristina e Rosa farán un adianto do tratado na xuntanza. Polo momento queda aquí a orde do día:

1. Observatorio de educación: Información/creación/coordinación.
2. LOMCE:

  • a. Posibilidade de ILP
  • b. Obxección: información de campañas, coordinación, etc.
3. Outras accións:
  • a. Información da folga en Balears e Catalunya
  • b. Implicación dos concellos nos recortes (Catalunya)
4. Campaña estatal de matriculación.
5. Outras convocatorias: 23-F e 22-M
6. Proposta de manifiesto/ comunicado, rolda de prensa,etc.
7. Proposta de comunicación:
  • a. Correo e Google Groups.
  • b. Facebook, Twitter, revista dixital,web, etc.