11.12.19

A MAREA VERDE DO ENSINO APOIA A FOLGA UNITARIA


A Marea Verde do Ensino apoia a folga do dia 12 pola recuperación dos dereitos das e dos docentes no que fai referencia á xornada lectiva. Entendemos que xa é chegado o momento de recuperar as condicións que foron recurtadas deteriorando así a calidade do ensino. Consecuentes coa declaración do “estado de emerxencia educativa” feito  nas VI xornadas das Mareas pola Educación Pública que veñen de celebrarse en Cadiz, comprometémonos a desenvolver un ciclo de mobilizacións que faga fronte a un ensino donde aumenta a segregación, avanza a privada, segue vixente a LOMCE, falla a inversión na pública, a interinidade é do 25%, hai unha FP Dual que precariza o emprego e cada vez son máis frecuentes os ataques aos dereitos das mulleres e do alumnado LGTBI.

Chamamos pois a participar na folga e na manifestación que terá lugar as 12,00h en Santiago de Compostela  

 10 decembro 2019


Marea verde do ensino   

No hay comentarios :

Publicar un comentario