10.9.19

Encontro de Coordinación das Mareas para o Ensino Público


 
O sábado 7 de setembro tivo lugar en Madrid o Encontro de Coordinación das Mareas para o
Ensino Público, coa presenza de representantes de diversos territorios do Estado (Galicia, 
Castela e León, Estremadura, Madrid, Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana, Murcia e 
Andalucía, e dende Asturias MSEPA desculpa a súa asistencia e envía as súas propostas e 
análisis). Na reunión alcanzáronse os acordos seguintes:

- Apoio ás mobilizacións que se están a levar a cabo en Andalucía desde este verán solicitando 
a redución das ratios, a estabilidade do profesorado e o incremento do persoal, así como a 
recuperación das liñas eliminadas nos centros públicos, que suman máis de 800 en só dous anos.
A seguinte será unha concentración o mércores 11 de setembro en Sevilla.

- Así mesmo, acordouse apoiar as mobilizacións mantidas na actualidade polas AMPAS,
interin@s, estudantes, educador@s infantís . Apoiamos a participación en asembleas,
 reunións, accións en redes e mobilizacións que se convoquen en defensa do ensino público.

- Apoio á folga global polo clima do 27 de setembro, e apoio e participación na mobilización do
26 de outubro convocada pola plataforma Camiñando co lema "Defendamos o público: polos
 dereitos sociais e laborais".
 
A VI conferencia MxEP celebrarase en Cádiz, probablemente en decembro, onde se debaterán
propostas en materia de infraestruturas, organización escolar, inclusión e procesos de
 comercialización e privatización, e fixaremos un calendario para as mobilizacións.

Acordamos levar a camiseta verde, ou a correspondente á reivindicación da Escola Pública de 
cada territorio, o primeiro día do curso e hai consenso en establecer  mércores como o día
da camiseta en todos os territorios.

Durante o primeiro trimestre celebrarase unha campaña de sensibilización en redes sociais
en defensa da educación pública.

Finalmente, queremos amosar o noso agradecemento ao compañeiro Salvador Aguilera polo
 seu incansable e entusiasta traballo á fronte das Redes das Mareas para o Ensino Público.
 
 
Mareas polo Ensino Pública 
7 de setembro de 2019


 



No hay comentarios :

Publicar un comentario