23.3.17

Camiño á II Asemblea da Marea Verdo do Ensino

Unha vez que xa está en marcha o chat- foro da Marea Verde do Ensino, como instrumento de  encontro, deliberación, debate e propostas, hai que avanzar no camiño dunha Asemblea xeral galega da Marea, onde poidamos tomar decisións sobre os obxectivos e a folla de ruta a seguir a partir de agora. Os asuntos a tratar na Asemblea, marcados pola actual situación, serían:

- A creación da Rede Galega por unha nova Lei Educativa, a réplica, ampliada cos colectivos galegos, da Rede estatal. Fronte á campaña do pacto educativo do tripartito PP-PSOE- Cidadáns é preciso difundir a proposta que apoiamos e na que participamos que é a de REDES por unha nova lei educativa, da que xa falamos na I Asemblea. O documento de Redes está no noso blog, onde podemos consultalo: mareaverdedoensino.blogspot.com.es

- Actualizar e aprobar a táboa reivindicativa que xa comezamos na I Asemblea. No Blog ademais de publicar a táboa aprobada na I Asemblea, é o espazo para que as persoas dos diferentes colectivos vaian propoñendo as súas propias reivindicacións que nos permita completar unha táboa que se votaría na II Asemblea. Crearemos un espazo chamado Caderno de reclamacións.

- Elaborar un calendario de accións da Marea Verde, polo menos ata final de curso coas características que nos son propias: dende os centros, comarcais, facilidade de preparación e moita visibilidade.

- Elixir novos voceiros, concretando as súas funcións.

- E todos aqueles outros que teñades a ben propoñer antes do 15 de abril.

  • DATA DE CELEBRACIÓN: 22 DE ABRIL
  • LUGAR: COMPOSTELA

En canto confirmemos o espazo concreto prepararemos un cartel para a súa difusión

SÓ QUEDA UN MES PARA A ASEMBLEA: QUE SUBA A MAREA!!!!

No hay comentarios :

Publicar un comentario