17.10.14

Acta da reunión 8/10/2014 no IES Val Miñor


ACTA DA COORDINADORA DE CENTROS DE ENSINO DO VAL MIÑOR

DATA:Mércores, 8 de outubro de 2014 LUGAR: IES VAL MIÑOR
ASISTENTES:
CPI PANXÓN, CEIP FONTES- BAÍÑA, CEIP HUMBERTO JUANES, IES AUGA DA LAXE, IES 1º MARZO DE BAIONA, IES ESCOLAS PROVAL e IES VAL MIÑOR.
ORDE DO DÍA:
1.- Lectura da acta da sesión anterior
2.- Datos dos centros para actualizar o Observatorio
3.- Carta de compromiso democrático
4. Próxima convocatoria de folga
1.- Lectura da acta da sesión anterior.
Apróbase por unanimidade a acta

2.- Completar os datos do Observatorio
Os compañeiros comentan o empeoramento das condicións de traballo no presente curso: en varios centros aumentou o número de alumnos e baixou o de profesores (en Sabarís, Belesar e Baiona, polo menos) ,no IES Val Miñor desapareceu a atención á diversidade e aumentaron os profesores que imparten materias afíns.
Coa entrada en vigor da LOMCE púxose en marcha a FP básica en Baiona e Proval. A estas alturas, unha vez xa comezado o curso, a Inspección organizou unhas xornadas para elaborar programacións e material para esta modalidade de ensino. Diríase que hai algo de improvisación, que non beneficia en nada a calidade do ensino.
Acórdase completar cos datos do presente curso o Observatorio dos centros do Val para ter unha perspectiva de conxunto.

3. Carta de compromiso democrático
Acórdase avanzar na difusión deste documento.
4. Folga prevista para o mes de outubro
Polos comentarios parece que maioritariamente o profesorado non vai secundar a folga, pero todos estamos de acordo en visibilizar o noso malestar dándolle difusión aos datos do Observatorio onde se recollen os recortes que sufriu cada centro, levar posta ese día a camiseta verde en defensa da escola pública, facer fotos coa camiseta posta e coa pancarta “OUTRA EDUCACIÓN É POSIBLE” e calquera outra medida que cada centro poida idear para deixar patente o día 23 que as condicións dos centros empeoraron sensiblemente e que todos saímos prexudicados.
Lurdes Arias insiste na conveniencia de comunicar a toda a prensa as medidas de protesta que adoptemos.
Levántase a sesión ás 19 horas.
5. A vindeira xuntanza da coordinadora será o 29 de outubro no CEIP Humberto Juanes de Nigrán ás 17 horas.
Orde do día:
  1. Lectura da acta da sesión anterior
  2. Discusión do documento “A educación infantil que queremos”
  3. Valoración da folga / xornada do 23 de outubro
  4. Informe sobre a elección de equipos directivos
  5. Rogos e preguntas.
Remata a xuntanza ás 19 h.

No hay comentarios :

Publicar un comentario