12.11.13

ACTA DA ÚLTIMA XUNTANZA NO IES VAL MIÑOR


ACTA DA COORDINADORA DE CENTROS DE ENSINO DO VAL MIÑOR

DATA: LUGAR: IES VAL MIÑOR
Mércores, 16 de outubro
ASISTENTES:
CEIP BELESAR , CEIP FONTES- BAÍÑA, CEIP HUMBERTO JUANES, CEP NEIRA VILAS, CEIP SERRA-VINCIOS, IES AUGA DA LAXE, IES ESCOLAS PROVAL e IES VAL MIÑOR.

ORDE DO DÍA:
1.- Lectura acta.
2.- Recortes nos centros educativos
3.- Preparación do Encontro
4. Novas accións

1.- Lectura da acta anterior.
Introdúcese a seguinte modificación na acta: no CEIP Serra- Vincios pasaron de ter un PT itinerante a 2 horas de PT e o resto do horario o profesor asume outras materias.

2.- Recortes nos distintos centros:
  • Nas Escolas Proval teñen un grupo máis, pero o mesmo número de profesores do curso anterior. Concedéranlles media praza dun profesor compartido coa Cañiza e acabaron renunciando a el ante a imposibilidade de elaborar un horario compatible. Xubílanse este curso 2 profesores e non se van cubrir esas prazas. Ademais sufriron un recorte orzamentario importante.
  • No CEIP Neira Vilas pasaron de 844 € de dotación para EDL a 429.
  • En Belesar pasaron de 4 a 3 prazas. Desde 2011-12 non reciben dotación económica para as seccións bilingües.
  • No IES Val Miñor había no curso 2010-11 45 profesores e actualmente hai 37, o número de alumnos non variou. Ademais EDL pasaou de 1300€ no curso 2011-12 a 300€ o curso pasado.

Acordamos que sería conveniente que os centros que aínda non ofreceron datos dos recortes que lles afectan, os fagan chegar.

3. Encontro do Ensino Público
Para a celebración deste I Encontro contamos coas instalacións do CPI Panxón, despois de presentar solicitude formal e obter o Vº e Pr. Da Inspección.
O representante de Proval pide que animemos á xente a matricularse no Encontro a ver se conseguimos 150 asistentes, que é o mínimo para cubrirmos gastos.

4. Novas propostas de actuación
Desde a Coordinadora proponse: seguir cos venres negros, intentar crear Coordinadoras a nivel comarcal e máis adiante talvez convocar unha manifestación en Santiago.
No Humberto Juanes o venres van coa camiseta negra, pero o martes, que é o día en que reciben os pais, levan a verde. Ademais o 1º venres do mes saen á rúa.
Recibimos unha invitación da Marea Verde de Madrid invitándonos a entrar. Acordamos consultar nos centros este punto.
A vindeira xuntanza da coordinadora queda marcada para o 13 de novembro no CEIP Fontes Baíña ás 17 horas.
Orde do día:
  1. Lectura da acta
  2. Valoración do I Encontro do Ensino Público Galego.
  3. Rogos e preguntas

Remata a xuntanza ás 19 h.

No hay comentarios :

Publicar un comentario