11.3.13

Marea Negra na Ramallosa



O próximo sábado 16 de marzo, ás seis da tarde, a nosa Marea Negra chega á Ramallosa. Agardamos unha asistencia masiva: profesorado, alumnado, nais e pais, e todo aquel que quera unirse a nós para facer visible o noso rexeitamento ao deterioro e degradación do ensino público.

Partiremos de distintos puntos para reunirnos ás 18:00 h no Parque da Ramallosa, na Capela de S. Campio, onde se lerán comunicados das AMPAS, da Coordinadora de Ensino Mareanegravalmiñor, do profesorado e do alumnado.


Por un ensino público gratuíto e de calidade, única garantía de futuro e da igualdade de oportunidades

Súmate á Marea

No hay comentarios :

Publicar un comentario