Queremos manifestar e facer visible o noso rexeitamento,
tanto aos recortes efectuados no ensino público como á orientación do
anteproxecto da nova lei de educación.
No que se refire aos recortes,
as nosas reivindicacións céntrase en:
1°) Rexeitar o deterioro e a
degradación do ensino público derivados de:
a) A
redución de cadros de persoal dos centros, que ten como consecuencia:
·
A obriga de impartir materias que
non son da nosa especialidade
·
O incremento do número de alumnos
por profesor
·
O incremento do horario lectivo do
profesorado.
b) A
redución das medidas de apoio á atención educativa.
2°) Rexeitar o deterioro e a
degradación das condicións dos traballadores do ensino, resumidas en:
a) As
condicións laborais derivadas dos puntos anteriores: incremento de horarios e
ratios, etc.
b)
Novas reducións salariais, insultantemente presentadas como un logro polo
presidente da Xunta.
c) A
penalización salarial nas baixas médicas. Non podemos permitir que por enfermar
se nos penalice.
Estes recortes que se nos
presentan como necesarios para combater a crise económica son na realidade
reformas estratéxicas que conducen a unha posición subsidaria do ensino público
fronte ao ensino privado. Esta orientación privatizadora ponse de manifesto nos
orzamentos da Consellaría que, recortando os gastos do ensino público, mantén
practicamente as subvencións para a privada, aínda nos casos nos que se segrega
aos alumnos en función de sexo.
Por outro lado, en canto ao
anteproxecto da no va lei, sen entrar nunha análise polo miúdo consideramos
inaceptables algúns dos seus aspectos como: a modificación da función
directiva, a españolización do ensino, a modificación da carga horaria
nalgunhas materias que suporá a súa práctica desaparición, etc.
No hay comentarios :
Publicar un comentario